domingo, 6 de mayo de 2007

O nome da bitácora


Hai que dar unha explicación sobre o nome desta bitácora. Eu tiña tres mosqueteiros de nome Chesper, Bili e Lasca. Eran os cans da miña casa e morreron os tres entre xaneiro e febreiro de 2007. A miña cadeliña Lasca non tiña que morrer, era moi nova e aínda lle quedaban moitos brincos que dar. Púxelle de nome Lasca por que era tan pequena cando chegou a casa que ben parecía unha lasquiña, un pedaciño de can que caera doutro, como as lascas caen do núcleo de sílex. Algunhas desas lascas cando se percutía a pedra eran ben fermosas e tiñan unha finalidade ben concreta. A miña cadeliña tivo unha finalidade ben concreta, deulle felicidade a esta casa durante todos os días da súa vida. Non a imos esquecer.

sábado, 5 de mayo de 2007

Botadura

Vou comezar cunha frase antolóxica de Juan Jose Millás na columna final de El País do día 16 de febreiro de 2007 titulada "La barba". Se me preguntarades que porqué un blog... sencillamente... "ceos parcialmente anubados con posibilidade de precipitacións".
Un saúdo.

O nome da bitácora

Hai que dar unha explicación sobre o nome desta bitácora. Eu tiña tres mosqueteiros de nome Chesper, Bili e Lasca. Eran os cans da miña casa...